domingo, 4 de maio de 2014

CoNfiAnZa, sOmoS uN eQuiPo



Nun espectáculo sempre hai protagonistas, antagonistas e conflicto. Pero sen lugar a dúbidas o verdadeiramente importante nun grupo é o compañeirismo, axudar ao resto e ter a certeza de que todos somos únicos e necesarios. A función ten sentido con cada personaxe, se quitamos soamente a un a obra ten outra cor...
Por eso o outro día fixemos un xogo de confianza e reflexionamos sobre a importancia que ten cada persoa. Nos deixamos caer sobre as mans do resto, pechamos os ollos e sentimos o seu apoio. Xusto o que precisamos para darnos conta de que somos un equipazo.














ENsaiOs No teAtRo

Que sorte contar coa posibilidade de ensaiar no teatro e familiarizarnos co espacio. Un lugar privilexiado que procuramos aproveitar.








EsiXenCiAs Do gUióN

Estamos estudiando un montón para a función de fin de curso. Toca ler, repasar, interpretar e memorizar...
Estas nenas sonche moi aplicadiñas!













luns, 21 de abril de 2014

TeAtrO eN fAmiLiA

 

Chegou o día no que ademais de organizarnos para  as funcións de fin de curso, desfrutamos dunha tarde de sorrisos, complicidade e porque non dicilo? De amor, moito amor!
Gracias familias por participar e por facer medrar a ilusión das vosas fillas e da profe de teatro.


MiRa coMo BaiLO


E xa ía tocando subir algún vídeo das artistas, aqui vos deixo unha mostra de que as clases de teatro son puro movemento.
Quentando motores e... preparados, listos... xaaa! Vale todo menos falar!

luns, 17 de marzo de 2014

EnSaiAnDo LoCAs hiStOriAs





Hai historias que non teñen pés nin cabeza...E que ben nos veñen para facer teatro! Desde hai un mes nos adicamos a darlle vida a lerias disparatadas, non vos podemos adiantar moito mais xa que ao final do curso algunhas delas vos queremos contar!
Deixade a vosa imaxinación voar e que cada un invente o que anda a pasar nestas locas historias coas que andamos a xogar!

CoiDado cOa bRuXa!

Aqui vos deixo unhas fotiños dun xogo que lles gusta moito as teatreiras pequenas.. A bruxa venenosa! Mentres a bruxa feitiza a unha cómplice, o resto das participantes, están durmidas. Cando unha delas sinte que a bruxa lle toca... Esa é a chamada para sembrar o pánico! Todas espertan cando comeza a soar unha música de fondo. Como boas amigas, comezan a darse a man unhas a outras ao son da melodía... Pero coidado! Porque se che apretan  a man mais forte, estarás envenenada e quedarás profundamente durmida. Se o resto desconfía, pode acusar a cómplice de bruxa e asi ata que se descubre que é a malvada.