luns, 20 de xaneiro de 2014

As MeiGas de OrienTe


Que mellor para celebrar o Nadal que unha pequena peza de teatro?

No recreo da última semana antes das vacacións representamos unha obriña na que os Reis Meigos e Santa non paraban de rifarse! Menos mal que uns nenos que se espertaron cos seus berros lles fixeron darse conta de que podían traballar en equipo! Ao final os nenos, moi felices, abren os seus agasallos!

Destacar a colaboración de Carlota ante a baixa de Isa, que se animou a botarnos unha man! Xenial Carlota, que ben o fixeches... moitas gracias!

E por suposto, o público mostrouse moi entregado á causa e brindoulles un forte e duradeiro aplauso ademais de numerosos risos ao longo do espectáculo!! 

Un día inesquecible, Noraboa nenas!

As Veteranas!

Orquesteando!

 É o turno para o grupo das maiores que xa son unhas expertas!

Nestas fotos tiñan que inventar un cadro familiar seguindo unha temática para despois posar para unha fotógrafa.

Xa vedes o ben que se meten no seu papel!



Já! Somos finas finolas!


domingo, 19 de xaneiro de 2014

Estreando o blog

Sen palabras!


Ola!
Estreamos o blog con esta publicación, espero que este espacio sexa do voso agrado e desfrutedes vendo o que facemos no cole Salesianos na aula de teatro.
Pouquiño a pouco irá collendo forma e cor, seguro que vos tamén vos animades a participar activamente!
 Se tedes algunha suxerencia non dubidedes en transmitirma, desexo que o blog sexa un punto de encontro no que todo o mundo e calqueira tipo de iniciativa teñan cabida!


Aquí vos deixo tres fotiños do grupo das pequenas!


Dime quen son! 
Xogos de presentación: Corro de aplausos!







Neste xogo tiñan que explicar sen palabras, o que levaban escrito no lombo o resto das participantes para así adiviñar o papel que a cada unha lle tocara. É divertido explicar con mímica!











Na foto da esquerda, ao inico de curso que non se coñecían, empezamos a presentarnos nun corro de aplausos. Cada unha saía ao centro do círculo a dicir o seu nome acompañado co xesto dunha acción que lle gustase.. ao finalizar o resto apraudía!