luns, 20 de xaneiro de 2014

As MeiGas de OrienTe


Que mellor para celebrar o Nadal que unha pequena peza de teatro?

No recreo da última semana antes das vacacións representamos unha obriña na que os Reis Meigos e Santa non paraban de rifarse! Menos mal que uns nenos que se espertaron cos seus berros lles fixeron darse conta de que podían traballar en equipo! Ao final os nenos, moi felices, abren os seus agasallos!

Destacar a colaboración de Carlota ante a baixa de Isa, que se animou a botarnos unha man! Xenial Carlota, que ben o fixeches... moitas gracias!

E por suposto, o público mostrouse moi entregado á causa e brindoulles un forte e duradeiro aplauso ademais de numerosos risos ao longo do espectáculo!! 

Un día inesquecible, Noraboa nenas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario