sábado, 21 de xuño de 2014

EsCoLa De TeAtRO SalEsiAnOs





Con moita ilusión, ganas de seguir medrando, aprendendo e mellorando queremos que o TEATRO no colexio Salesianos se convirta nun proxecto de tod@s e para tod@s!

Nace coa intención de crear unha compañía formada por diferentes grupos de idades, desde os mais pequenos de  Educación Infantil ata os mais maiores de bacharelato.

Queremos completar todo un proceso de formación nesta arte escénica pero, sobre todo, axudar a medrar con  intelixencia emocional e sensibilidade nesta arte de vivir a vida FELIZ!

venres, 6 de xuño de 2014

ÉxiTo nO EstrENo 5 De XuÑo 2014

Non adianterei ningunha foto do estreno das obras da COMPAÑÍA para que o descubrades en directo na representación. Soamente quería transmitirvos que estou moi orgullosa de todas as ACTRICES, traballaron e esforzáronse moito. As maiores duplicaron ensaios, as pequenas sacrificaron recreos... un esforzo que se notou onte no escenario.  Os compañeiros de primaria totalmente inmersos nas dúas obras, nas críticas de hoxe destacaba o entusiasmo... felicitacións, aplausos... gratificacións que deixan bo sabor.

E por suposto, tamén houbo fallos, algún técnico de última hora, nervios, despistes no escenario, olvidos... pero eso é precisamente, o que nos fai aprender da realidade! Nas imperfeccións temos unha oportunidade de resolver, sacar unha aprendizaxe e como lle dicía as nenas antes de actúar:

"Se equivoca el que hace" e non pasa nada cando as cousas non saen como esperamos.


Como directora, foi unha sorte poder dirixir estes grupos, un ano de disfrute! As obras foron o broche final pero o verdadeiramente importante sucedeu durante todo o curso, clase a clase na rutina semanal!

MOITAS GRACIAS familias pola vosa colaboración e NORABOA  as miñas nenas teatreiras que son as MellOrEs!!



Déixovos información da próxima  cita para ver as artistas:



¡Estás convidado/a…


…a representación das obras de teatro:
                 “Pecas, Dragonciña e o tesouro” 


“Locas Historias”

 

O martes 10 de xuño ás 17.00h

no teatro do colexio Salesianos.


Se presentará a nova proposta teatral para infantil e primaria no curso 2014/2015


Vos esperamos!

domingo, 4 de maio de 2014

CoNfiAnZa, sOmoS uN eQuiPo



Nun espectáculo sempre hai protagonistas, antagonistas e conflicto. Pero sen lugar a dúbidas o verdadeiramente importante nun grupo é o compañeirismo, axudar ao resto e ter a certeza de que todos somos únicos e necesarios. A función ten sentido con cada personaxe, se quitamos soamente a un a obra ten outra cor...
Por eso o outro día fixemos un xogo de confianza e reflexionamos sobre a importancia que ten cada persoa. Nos deixamos caer sobre as mans do resto, pechamos os ollos e sentimos o seu apoio. Xusto o que precisamos para darnos conta de que somos un equipazo.














ENsaiOs No teAtRo

Que sorte contar coa posibilidade de ensaiar no teatro e familiarizarnos co espacio. Un lugar privilexiado que procuramos aproveitar.








EsiXenCiAs Do gUióN

Estamos estudiando un montón para a función de fin de curso. Toca ler, repasar, interpretar e memorizar...
Estas nenas sonche moi aplicadiñas!













luns, 21 de abril de 2014

TeAtrO eN fAmiLiA

 

Chegou o día no que ademais de organizarnos para  as funcións de fin de curso, desfrutamos dunha tarde de sorrisos, complicidade e porque non dicilo? De amor, moito amor!
Gracias familias por participar e por facer medrar a ilusión das vosas fillas e da profe de teatro.


MiRa coMo BaiLO


E xa ía tocando subir algún vídeo das artistas, aqui vos deixo unha mostra de que as clases de teatro son puro movemento.
Quentando motores e... preparados, listos... xaaa! Vale todo menos falar!

luns, 17 de marzo de 2014

EnSaiAnDo LoCAs hiStOriAs





Hai historias que non teñen pés nin cabeza...E que ben nos veñen para facer teatro! Desde hai un mes nos adicamos a darlle vida a lerias disparatadas, non vos podemos adiantar moito mais xa que ao final do curso algunhas delas vos queremos contar!
Deixade a vosa imaxinación voar e que cada un invente o que anda a pasar nestas locas historias coas que andamos a xogar!

CoiDado cOa bRuXa!

Aqui vos deixo unhas fotiños dun xogo que lles gusta moito as teatreiras pequenas.. A bruxa venenosa! Mentres a bruxa feitiza a unha cómplice, o resto das participantes, están durmidas. Cando unha delas sinte que a bruxa lle toca... Esa é a chamada para sembrar o pánico! Todas espertan cando comeza a soar unha música de fondo. Como boas amigas, comezan a darse a man unhas a outras ao son da melodía... Pero coidado! Porque se che apretan  a man mais forte, estarás envenenada e quedarás profundamente durmida. Se o resto desconfía, pode acusar a cómplice de bruxa e asi ata que se descubre que é a malvada.

 

xoves, 27 de febreiro de 2014

RosA cAraMelo

Hoxe no recreo fixemos unha pequena representación dun conto moi bonito titulado "Rosa Caramelo". A pesar de que tivemos cambios de última hora e non puidenos actuar no noso teatro, saímos airosas empregando a aula de música. Veu moito público e por falta de espacio, repetimos dúas veces a actuación!! Moito máis divertido! Todos nos felicitaron un montón, e esperamos que tamén lles gustara a mensaxe do conto...  Sen dúbida unha mañá diferente na víspera de entroido. 


domingo, 16 de febreiro de 2014

SoAmEnTe uNha SiLla?

Remo, remo na miña barquiña!


Se vos digo que imaxinedes o que vos gustaría que fose unha cadeira, que se vos ocurriría?

Pois aquí vos deixo unhas ideas moi chulas de como se pode transformar este obxecto tan empregado a diario noutro totalmente diferente.




Caracol col col bota os cornos ao sol!

Super Capitana:  Tiburón á Vista!!





Con este carriño non me pesa a compra

domingo, 2 de febreiro de 2014

PinTÁmoNos?




Que mellor para meterse de pleno nunha historia que caracterizarse previamente?

Nas últimas clases experimentamos coa maquillaxe unha maneira divertida de xogar a ser algo diferente.

Neste caso, escollemos a personaxe dunha gata. Despois inventamos unha historia moi divertida na que dúas delas desaparecían e o resto tiña que vivir a aventura de descubrir o misterio e resolvelo!