Hoxe no recreo fixemos unha pequena representación dun conto moi bonito titulado "Rosa Caramelo". A pesar de que tivemos cambios de última hora e non puidenos actuar no noso teatro, saímos airosas empregando a aula de música. Veu moito público e por falta de espacio, repetimos dúas veces a actuación!! Moito máis divertido! Todos nos felicitaron un montón, e esperamos que tamén lles gustara a mensaxe do conto... Sen dúbida unha mañá diferente na víspera de entroido.
xoves, 27 de febreiro de 2014
domingo, 16 de febreiro de 2014
SoAmEnTe uNha SiLla?
Remo, remo na miña barquiña!
Se vos digo que imaxinedes o que vos gustaría que fose unha cadeira, que se vos ocurriría?
Pois aquí vos deixo unhas ideas moi chulas de como se pode transformar este obxecto tan empregado a diario noutro totalmente diferente.
Caracol col col bota os cornos ao sol! |
Super Capitana: Tiburón á Vista!! |
Con este carriño non me pesa a compra |
domingo, 2 de febreiro de 2014
PinTÁmoNos?
Que mellor
para meterse de pleno nunha historia que caracterizarse previamente?
Nas últimas
clases experimentamos coa maquillaxe unha maneira divertida de xogar a ser algo
diferente.
Neste caso,
escollemos a personaxe dunha gata. Despois inventamos unha historia moi
divertida na que dúas delas desaparecían e o resto tiña que vivir a aventura de
descubrir o misterio e resolvelo!
InVenTaMos?
As maiores escolleron o peor amigo dos gatos... O can! Un pouco de pintura por aquí, unhas pecas por alá e unha boa dose de imaxinación para meterse nunha historia que contaba como a dona duns fermosos dálmatas, un día comezaba a entendelos. Todo un soño revelador que as levou a unha trama na que os ladridos se convertían en palabras...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)