![]() |
Sen palabras! |
Ola!
Estreamos o blog con esta publicación, espero que este espacio sexa do voso agrado e desfrutedes vendo o que facemos no cole Salesianos na aula de teatro.
Pouquiño a pouco irá collendo forma e cor, seguro que vos tamén vos animades a participar activamente!
Se tedes algunha suxerencia non dubidedes en transmitirma, desexo que o blog sexa un punto de encontro no que todo o mundo e calqueira tipo de iniciativa teñan cabida!
Aquí vos deixo tres fotiños do grupo das pequenas!
![]() |
Dime quen son! |
![]() | |||||
Xogos de presentación: Corro de aplausos! |
Neste xogo tiñan que explicar sen palabras, o que levaban escrito no lombo o resto das participantes para así adiviñar o papel que a cada unha lle tocara. É divertido explicar con mímica!
Na foto da esquerda, ao inico de curso que non se coñecían, empezamos a presentarnos nun corro de aplausos. Cada unha saía ao centro do círculo a dicir o seu nome acompañado co xesto dunha acción que lle gustase.. ao finalizar o resto apraudía!
Noraboa por este blog! Ten moi boa pinta! Xa irei vendo todas as novas que ideas facendo.
ResponderEliminarMoi ben rapazas!
Show must go on!